top of page
Viuva

        Benedicta, aos 79 anos de idade leva a vida que soen levar aquelas persoas que perden a súa media laranxa na fase final da súa vida e que deben seguir o camiño eles sós. Un camiño dificil despois de compartilo practicamente todo con esa persoa, coa súa outra mitade. 

         

         Despois de emigrar á cidade de Sabadell (Cataluña), Benedicta coñece ao que sería a súa maior compañía, Manuel Justicia Molina. Os dous xuntos emprenden un camiño de moito traballo e esforzo por conseguir unha estabilidade económica e para sacar a súa familia adiante. Despois de toda unha larga vida, Manuel Justicia Molina fallece no ano 2006 aos 66 anos de idade.

         

         Benedicta volta a Galicia, a súa terra natal e actualmente continúa coa súa vida, deixando escapar de vez en cando a súa bonita pero tímida sonrisa.

bottom of page